RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Ifrán: Este empate sábenos un pouco a derrota

Diego Ifrán reconoció esta mañana en rolda de prensa en Abegondo que o empate onte no Anxo Carro de Lugo "sábenos un pouco a derrota". "O lindo que ten o fútbol é que agora temos xa o desquite o domingo en Vitori

Sobre o derbi de onte, cre Ifrán que o equipo fixo "un bo primeiro tempo e logo escapáronllenos eses dous puntiños". "Inconscientemente pode ser que nos metemos atrás. Dáslle voltas á cabeza e non lle atopas moita explicación", subliña.

Onte, anotou Ifrán o seu terceiro gol no Deportivo desde a súa chegada a Riazor tras a desafortunada lesión de Salomao: "No persoal estou moi contento aquí, xa o dixen en varias ocasións. Nos había ido todo moi ben ata que perdemos o outro día coa Ponferradina e onte o empate".

Sobre o seu futuro, asegura estar centrado en lograr o obxectivo co Dépor; aínda que deixa aberta a porta á súa continuidade a próxima tempada na Coruña: "Depende dos clubs, pero se teño que seguir aquí faríao feliz".