RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Información relativa ás entradas do Fuenlabrada-Dépor

O CF Fuenlabrada comunicou directa e formalmente ao RC Deportivo que, debido ás obras que se acaban de iniciar no Estadio Fernando Torres, vense imposibilitados a dispor entradas de venda visitante.

A pesar de que a vontade do club era a de manter polo menos a bancada lateral para así cumprir coas afeccións que visitan Fuenlabrada, así como con outros compromisos, o plan de traballo das obras de ampliación do estadio obrigou a quitar as bancadas do fondo e o lateral como elemento fundamental para poder finalizalas a tempo, polo que o aforamento está reducido nun 73%: de 5.140 butacas a 1.400, circunstancia que obriga a destinar integramente eses asentos aos seus abonados. 

O RC Deportivo, comprendendo a realidade actual, quere agradecer ao CF Fuenlabrada a comunicación deste feito e as desculpas recibidas por non poder atender a demanda do Deportivismo para este partido.