RCD / NOVAS

Iñigo, Víctor Guedes, Álex e Israel Pérez formarán parte do Fabril 20-21

29/07/2020 17:29

O Deportivo Fabril recupera para a próxima temporada a Iñigo Reinoso, Víctor Guedes, Álex e Israel Pérez despois de que, todos eles, disputasen a Temporada 2019/2020, en calidade de cedidos, nas filas do CSD Arzúa, en Terceira División.

O lateral esquerdo Iñigo Reinoso (A Rioxa, 2000), que se incorporou ao CSD Arzúa coa campaña xa iniciada, disputou 12 partidos de liga regular, 9 deles como titular; o centrocampista Víctor Guedes (Gran Canaria, 2000) participou en 22 encontros, 16 deles como titular, nos que anotou dous goles; o lateral dereito Israel Pérez (A Coruña, 2000) disputou 23 partidos, 22 deles como titular; e o extremo Alejandro Pérez (A Coruña, 2000) participou en 24 encontros, 15 deles como titular, anotando dous tantos.

O catro futbolistas, con pasado no Xuvenil A branquiazul, incorporaranse á pretemporada do Fabril despois de completar o seu primeiro ano en idade sénior co conxunto arzuán.