RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Isto acaba de empezar. Estamos só na xornada 2", lembra Koné

Mamadou Koné foi o protagonista este mediodía na sala de prensa de Abegondo.

O dianteiro deportivista, un dos destacados en Huesca a pasada fin de semana, indicou que o encontro do próximo domingo 1 de setembro (18:00 horas, #Vamos) en Vallecas ante o Rayo Vallecano, outro recentemente descendido, "é unha oportunidade para demostrar que tamén queremos estar arriba".

Precisamente do encontro en El Alcoraz oscense, subliña que "o partido saíu moi mal pola nosa banda. Non demos o que queriamos". Cre que nesta xornada "non fomos nós mesmos. O que facemos adestrando, se o facemos nos partidos, se saímos con esas ganas, imos conseguir o que queremos".

Admitiu preocupación, pero "isto acaba de empezar. Estamos só na xornada 2".

Ademais, Koné queda co labor dos dianteiros, principalmente de Christian Santos saíndo desde o banco: "Hai moi boa competencia. É bo para o equipo. Mellor que haxa competencia".

A nivel persoal, confesa atoparse "cada vez mellor, traballando co grupo. Xogando cada fin de semana, espero coller o meu nivel". Aínda que séntese cómodo en punta, "se xogamos en longo para min é mellor xogar cun compañeiro á beira", insiste.

Á afección pídelle que "siga animando ao seu equipo. Só imos na xornada 2. Que veñan apoiar ao seu equipo como o están facendo. Nós imos loitar, a traballar para darlle alegrías".

Sobre os movementos do mercado nestes últimos días antes do peche, Koné advirte que "é un tema de Club. Nós limitámonos a adestrar e a xogar. O Club decidirá se teñen que vir máis fichaxes".