RCD / NOVAS

José Currás, novo xogador do Fabril

29/09/2021 20:30

José Manuel Currás (Culleredo, 27 de novembro de 2002) converteuse esta tarde en novo xogador do Fabril para esta temporada.

O lateral dereito, formado no Atlético Coruña Montañeros, fichou en 2017 polo Real Club Celta, onde xogou 4 temporadas en 3 categorías (Cadete A, Xuvenil B e Xuvenil A -2 campañas-), chegando a debutar o ano pasado co filial olívico en 2ª B. Este verán asinou polo Bergantiños após desvincularse do Celta. Co Bergantiños disputou os primeiros 45 minutos do amigable contra o Dépor nas Eiroas.