RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

José Luis Martí advirte que en Son Moix "imos sufrir moitísimo"

José Luis Martí advertiu esta noite na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "se todos estivésemos a pensar na noite de San Juan, no especial que pode ser, sería unha gran equivocación. E os meus xogadores non o pensan, e o Club non o pensa".

Insiste que en Son Moix este domingo 23 de xuño (21:00 horas, Movistar Partidazo), no partido definitivo polo ascenso, "imos sufrir moito, vainos custar moitísimo. Imos ter que traballar durante 95 minutos dunha maneira tremenda para poder levarnos ese ansiado ascenso".

Recalca que o 2-0 é "vantaxe para nós evidentemente, pero imos sufrir moitísimo, posiblemente máis que na eliminatoria anterior. Vannos angustiar moito, vannos meter moitos balóns á área, a través da combinación ou do fútbol directo. Co cal nos queda un camiño moi longo por percorrer, coa idea de meter un gol para porllo máis complicado".

De cara ao choque de volta da final, pide "ser o suficientemente ordenados para estar a defender ben, saír e tentar buscar a portería contraria para poñerllo máis difícil".

Espera precisamente José Luis Martí en Mallorca "un campo cheo; unha afección envorcada; un equipo con moitísimo ritmo, con moita intensidade; meténdonos moitos balóns na nosa área; con moitísimos balóns cruzados, divididos, esas segundas xogadas. Vainos custar, pero temos que crer en nós e traballalo".

Pola súa banda, Vicente Moreno, técnico do Real Mallorca, confesa que "é un resultado que non queriamos. Cando estivemos 11 contra 11 tivemos momentos bos. Dá a impresión que entramos ben no partido. Mesmo cun menos non houbo moitas ocasións de gol. Unha pena que ao final teñamos este resultado".

Subliña de cara ao partido de volta que "confía nos resultados que temos e ímolo a pelexar".