RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

José Luis Martí: "Un dos goles como mínimo empuxouno a afección"

José Luis Martí, visiblemente satisfeito, manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que queda do partido "coa reacción, co fútbol dos xogadores, co esforzo, co traballo e con esta afección que ao final se nota. Un dos goles como mínimo empuxouno a afección".

O técnico deportivista subliñou que o vestiario "é un grupo que a min me gañou desde o día que cheguei, e demostroume día a día que quere chegar todo o máis alto. Unha vez máis o demostraron. Non baixaron os brazos en ningún momento sabendo as dificultades porque habemos ir dúas veces por baixo no marcador. Conseguimos un resultado interesante pero para nada definitivo, sabendo que en Málaga imos sufrir moitísimo ante un rival que demostrou ser un dos mellores equipos da categoría".

Recalca neste sentido que "temos unha vantaxe, pero non somos favoritos. A etiqueta de poñer favorito a calquera equipo non o vexo no mundo do fútbol. No mundo do fútbol non pos favorito a ninguén porque hoxe vimos que se producen situacións de diferentes estilos. Pero confío no noso traballo, imos ir coa máxima ilusión, a máxima predisposición sabendo que confiamos no noso traballo".

Pola súa banda, Víctor Sánchez del Amo, técnico do Málaga CF, destacou que "nos primeiros 15 minutos da segunda parte concentráronse moitas xogadas de gol do Dépor e 3 remates a porta foron 3 goles".

Indica que "o resultado final chama a atención, pero para nada é definitivo para nós. O equipo ha ir a buscar o terceiro gol, e de estar preto de logralo viñéronse as outras dúas situacións. Obviamente enfronte temos a un rival importante, importantísimo, que ten xogadores de moito nivel; e iso demóstrao a efectividade que tiveron cos remates a portería".

Opina que a eliminatoria "segue aberta. Temos que facer 2 goles para superar ao Dépor. Os últimos partidos en casa marcamos 3 en cada un. Estou seguro que co apoio da afección, e coa confianza que temos nos nosos xogadores, podémolo lograr".