RCD / NOVAS

José Rodríguez e Sidnei baixan a intensidade do adestramento, con Lucas hoxe tamén á marxe

O primeiro equipo retomó esta mañana os adestramentos en Abegondo ás órdenes do corpo técnico dirixido por Víctor Sánchez do Amo.

21/04/2015 13:08

Lucas, ademais de Wilk, exercitouse hoxe no vestiario da cidade deportiva. Hoxe mesmo, os Servizos Médicos prepararán unha férula protectora para que pode incorporarse ao traballo co grupo nos próximos días.

Pola súa banda, José Rodríguez e Sidnei baixaron a intensidade do adestramento. O centrocampista sofre unha sobrecarga nos isquiotibiais da súa perna dereita; e o defensor portugués padece unha molestia no tendón rotuliano tamén da súa perna dereita.

O adestramento desta mañá foi de alta intensidade, cun quecemento, traballo físico específico, exercicio táctico e un partido final co persoal dividido en tres equipos.

O plan de adestramento semanal, sempre susceptible de ser variado por cuestións técnicas, é o seguinte:

Mércores 22 de abril
10.30: Adestramento en Abegondo

Xoves 23 de abril
17.30: Adestramento en Abegondo

Venres 24 de abril
10.30: Adestramento en Abegondo

Sábado 25 de abril
10.30: Adestramento en Riazor a porta pechada (pendente de confirmación)

Máis novas de: LUCAS PÉREZ, JOSÉ RODRÍGUEZ, SIDNEI