RCD / NOVAS

Joselu e Mosquera poñen a salvación a tiro de pedra (2-0)

15/04/2017 15:52

Unha cabezada de Joselu e o oportunismo de Pedro Mosquera deron ao Deportivo tres puntos de ouro en pos da permanencia en Primeira División, un obxectivo que está moito máis preto despois de vencer a un Málaga que apenas inquietou ao conxunto coruñés.

Pepe Mel, técnico deportivista, realizou dous cambios na aliñación con respecto á que saltou ao céspede do Ramón Sánchez Pizjuán para medirse ao Sevilla o pasado sábado, ambos na zona ofensiva. Marlos Moreno e Emre Çolak deixaron o seu sitio a Bruno Gama e Carles Gil.

O primeiro cuarto de hora de xogo evidenciou a importancia dos puntos en xogo, con dous equipos moi concentrados nas tarefas defensivas e dous únicos achegamentos ás porterías. O primeiro, por parte do Málaga, nun lanzamento lonxano e frouxo. O segundo, do Dépor, nunha falta practicamente na liña de fondo que remataron sen éxito ata tres xogadores branquiazuis.

O primeiro disparo entre os tres paus chegou cando estaba a piques de alcanzarse a media hora de xogo. Rosales cazou un rexeite da defensa deportivista na frontal da área e, tras recortar cara ao seu perfil esquerdo, sacouse un potente zurdazo que, con todo, foi moi centrado, co que Germán Lux atrapou o esférico sen apuros.

No minuto 32 achegouse con perigo o Dépor. Joselu fíxose cun mal pase horizontal de Luis Hernández e deixouna de calcaño para Bruno Gama, que conectou de primeiro toque con Carles Gil. O valenciano rematou tamén á primeira coa súa bota esquerda, buscando a escuadra contraria de Kameni. O lanzamento non colleu a suficiente forza, co que saíu excesivamente centrado, ás mans do meta malaguista.

Aos 39 minutos, Juankar probouno tras unha internada polo extremo esquerdo. O seu duro dereitazo buscando a cepa do primeiro poste parouno Lux con seguridade.

A segunda parte comezou da mellor maneira posible. Luisinho chegou pola súa banda tras recibir de Gaël Kakuta, recortou para centrar coa súa perna mala e puxo un preciso servizo na cabeza de Joselu, que gañou a partida no salto a Luís Hernández e conectou unha cabezada lonxe do alcance de Kameni.

Nada máis entrar no terreo de xogo en lugar de Joselu, Florin Andone dispuxo dunha clara oportunidade para ampliar diferenzas. Ía cumprirse a hora de partido cando o dianteiro romanés plantouse só ante o porteiro visitante. O seu durísimo chute sacouno cos pés o gardameta camerunés.

O segundo tanto do conxunto branquiazul non tardou en chegar. Foi no minuto 67, após unha acción elaboradísima de todo o equipo deportivista. O balón acabou chegando no extremo dereito a Juanfran, que centrou buscando a Carles Gil. O extremo rematou mordido, pero o balón seguiu practicamente a mesma traxectoria, coa que se cruzou, chegando desde atrás, o recentemente incorporado Pedro Mosquera, que bateu con facilidade a Kameni.

O Málaga quedou practicamente sen resposta tras encaixar o 2-0. O equipo de Míchel González non puxo a proba a Lux ata o minuto 80, nun lanzamento de Sandro que detivo o porteiro arxentino. Iso si, cando volveu facelo deixou a portaría coruñesa tremendo, literalmente. Camacho estampou no traveseiro un canonazo desde 30 metros. Luisinho estivo rápido para arrebatar o rexeite a Charles, cando ía fusilar ao porteiro deportivista.

Con esta vitoria, a sétima da temporada, o Deportivo sitúase con 31 puntos, 9 por riba da zona de descenso que actualmente marca o Sporting de Gijón, a falta do seu partido desta tarde ante o Real Madrid e cando faltan só 6 xornadas para chegar á conclusión do campionato ligueiro.

RC Deportivo: Lux, Juanfran, Arribas, Sidnei, Luisinho, Borges, Guilherme, Bruno Gama (Pedro Mosquera, min. 63), Carles Gil, Kakuta (Ola John, min. 82) e Joselu (Andone, min. 59).

Málaga CF: Kameni, Rosales, Luis Hernández (Keko, min. 59), Llorente, Mikel, Recio (Charles, min. 71), Camacho, Chory Castro (Jony, min. 60), Pablo Fornals, Juankar e Sandro.

Goles: 1-0 Joselu (min. 47); 2-0 Pedro Mosquera (min. 67).

Árbitro: Undiano Mallenco (c. navarro). Cartón amarelo a Guilherme (min. 22), Recio (min. 23), Luis Hernández (min. 24), Arribas (min. 72), Charles (min. 72), Keko (min. 73), Camacho (min. 84) e Carles Gil (min. 90+1).

Incidencias: partido correspondente á 32ª xornada de LaLiga Santander disputado no Estadio de Riazor ante 20.300 espectadores. No descanso, Mauro Silva recibiu o aplauso da afección despois de ser o xogador que máis votos recibiu, nesta temporada do 110 aniversario, entre os 110 que conforman a lista inicial das lendas históricas do Dépor.

RCD / J32 LaLiga Santander

  • Lux
  • Luisinho
  • Sidnei
  • Arribas
  • Juanfran
  • Carles Gil
  • Kakuta (82')
  • Guilherme
  • Celso Borges
  • Bruno Gama (63')
  • Joselu (59')

Suplentes

  • R. Albentosa
  • Laure
  • Pedro Mosquera (63')
  • Tytoń
  • Andone (59')
  • Ola John (82')
  • Emre Çolak
  • Kameni
  • Juankar
  • Roberto Rosales
  • Llorente R.
  • Luis H. (59')
  • Mikel Villanueva
  • Camacho
  • P. Fornals
  • Recio (71')
  • Chory Castro (60')
  • Sandro

Suplentes

  • Jony (60')
  • Duda
  • Charles L. (71')
  • Keko Gontán (59')
  • Denys Boyko
  • Demichelis
  • Santos

Estadio

Estadio ABANCA-RIAZOR (20.300 espectadores)

Goles

  • 1-0 (47'). Joselu
  • 2-0 (67'). Pedro Mosquera

Árbitro

Alberto Undiano Mallenco amoestou aGuilherme (22'), Arribas (72'), Carles Gil (90+1') do RC Deportivo y Recio (23'), Luis H. (24'), Keko Gontán (73'), Camacho (84') do Málaga CF.

Quen foi para ti o máis destacado do DÉPOR ante o Málaga CF?

LUISINHO
148
ARRIBAS
19
CARLES GIL
16
JOSELU
16
BORGES
13
P. MOSQUERA
13
SIDNEI
12
#ANOSAFORZA
12
ANDONE
7
GUILHERME
5
POROTO LUX
4
KAKUTA
4
EQUIPO TÉCNICO
3
JUANFRAN
2
BRUNO GAMA
2
EQUIPO ARBITRAL
1
O. JOHN
1
O periodo de votación finalizou o 22-04-2017 12:00.

RCD / Vídeo