RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Juanmi Carrión, novo reforzo para a defensa do Fabril

Juan Miguel 'Juanmi' Carrión Gallardo (26 de agosto de 1997, Chiclana de la Frontera - Cádiz) chega ao Fabril para reforzar o lateral zurdo.

O novo defensor fabrilista ficha por esta temporada, cedido polo UD Melilla. Formado na canteira do Sevilla FC, Juanmi pasou tamén pola Balompédica Linense, tamén de Segunda División B.

Juanmi, após pasar o recoñecemento médico, exercítase xa esta tarde en Abegondo co Xuvenil A.

Será a cuarta fichaxe do Fabril neste mercado de inverno, despois das incorporacións anteriores de Arturo Segado, Ignacio Abeledo e Leto.

O vindeiro domingo 27 de xaneiro, o Fabril recibe en Abegondo (12:00 horas) ao CF Fuenlabrada, líder do grupo 1º da Segunda División B.