RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Kakuta: "O Dépor xoga un fútbol que me gusta, xoga ben o balón"

Gaël Kakuta (21 de xuño de 1991, Lille - Francia) superou esta mañá o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo da Coruña e, a continuación, asinou o seu contrato que o vincula ao Deportivo, en calidade de cedido, ata o próximo 30 de xuño.

Nas súas primeiras declaracións aos medios de comunicación, no propio hospital HM Modelo, Kakuta manifestou estar "moi feliz de volver a España. Grazas ao Deportivo pola confianza".

Asegura gustarlle "moito" a Liga, "tiven a oportunidade de volver. E estou moi feliz de estar aquí".

A nivel físico, o atacante francés explicou que "levo un mes traballando co preparador físico. Estou ben fisicamente. Traballei un pouco en China co equipo. Estou ben".

Iso si, pediu "un pouco de tempo" de adaptación, "porque veño dun país seis horas máis que aquí".

En calquera caso, prometeu "prepararme ben para xogar pronto", decisión que deixa en mans de Gaizka Garitano.

Opina do Deportivo que "é un equipo que xoga un fútbol que me gusta, que xoga ben o balón. Coñezo aos xogadores porque se ve a liga en televisión".