RCD / NOVAS

Kika, Gaby e Michelle Romero, convocadas pola selección de Venezuela para dous amigables ante Perú

13/09/2019 12:05

O tres xogadoras venezolanas do Deportivo ABANCA, Kika Moreno, Gaby García e Michelle Romero, foron convocadas polo seleccionador absoluto do seu país, José Catoya, para disputar dous encontros ante o combinado nacional de Perú durante as datas FIFA de outubro.

Kika, Gaby e Michelle Romero forman parte da concentración venezolana que inaugurará o Centro Nacional de Alto Rendemento de Fútbol Feminino Evelio Hernández. Situadas na localidade de San Felipe, no Estado Yaracuy, as novas instalacións forman parte do programa FORWARD da FIFA e da Federación Venezolana (FVF), como parte do desenvolvemento das súas obras.

As futbolistas do Dépor ABANCA estarán concentradas do 1 ao 9 de outubro. Os encontros entre os seleccionados de Venezuela e de Perú terán lugar os días 4 e 8.

A convocatoria non afecta a ningún encontro do Deportivo ABANCA ao ser datas FIFA. O equipo branquiazul xogará a 4ª xornada da Primeira Iberdrola a fin de semana do 29 de setembro en Bilbao fronte ao Athletic Club e a 5ª en Abegondo fronte ao Rayo Vallecano a fin de semana do 13 de outubro.