RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Kika, Gaby e Michelle Romero foron titulares no triunfo de Venezuela sobre Paraguai

- Foto: @FemeninoFVF -

As tres xogadoras venezolanas do Deportivo ABANCA, Kika Moreno, Gaby García e Michelle Romero, estiveron concentradas con Venezuela para disputar dous encontros ante o combinado nacional de Paraguai neste parón ligueiro na Primeira Iberdrola. Ambos foron no Centro Nacional de Alto Rendimiento de Fútbol Femenino Evelio Hernández na localidade de San Felipe, no Estado de Yaracuy.

O segundo deles xogouse onte martes 8 (madrugada do mércores 9 en España). As 3 futbolistas branquiazuis foron titulares nun partido que acabou en triunfo venezolano (1-0), que se adxudicou así o Trofeo Evelio Hernández.

Gaby e Michelle Romero tiveron varias ocasións para perforar a meta paraguaia, sobre todo na primeira parte; e Kika ademais luciuse cun espectacular 'chapeu' a unha rival que levantou dos seus asentos ao público.

No primeiro dos choques, disputado o pasado venres 4 de outubro, Gaby e Michelle Romero xogaron de inicio no empate a 1 gol co que acabou o encontro. Pola súa banda, Kika, que comezou no banco, relevou a Gaby no minuto 69.

O partido estivo marcado pola expulsión por dobre amarela da venezolana María Rodríguez no minuto 29 de partido.

O Club espera a chegada de Michelle Romero, Kika e Gaby para os próximos días, a tempo para recibir o sábado 12 de outubro en Abegondo ao Rayo Vallecano (18:00 horas) na 5ª xornada da Primera Iberdrola.