RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Kika, Michelle Romero e Peke serán rivais con motivo do torneo Basque Country International en Lezama e Zubieta

As xogadoras do Deportivo ABANCA Kika e Michelle Romero incorporáronse xa á concentración de Venezuela para disputar a Basque Country International Women's Cup do 8 ao 11 de abril en Lezama e Zubieta (País Vasco). A esta cita acudirá tamén mañá martes a dianteira Peke coa Selección de Euskadi.

Na convocatoria de Venezuela estaba outra deportivista, Gaby, que é baixa debido a unha lesión muscular no tríceps sural.

O combinado venezolano medirase o xoves 8 de abril ás 21:00 horas en Lezama á Selección de Euskadi. Así pois, as deportivistas Kika e Michelle Romero serán por unha vez rivais da súa compañeira de vestiario Peke. Arxentina e Nixeria disputarán a outra semifinal, ás 18:30 en Zubieta.

As gañadoras xogarán a final o domingo 11 de abril ás 11:45 en Zubieta; mentres que as perdedoras pelexarán polo terceiro e cuarto posto o sábado 10 de abril ás 11:45 en Lezama.