RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Koke Vegas: "Estou súper convencido de que o Dépor vai competir, e ben ademais"

Koke Vegas foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O meta deportivista mostrouse convencido de que o Dépor, ante o inminente arranque ligueiro, "vai estar preparado sen problema. Vai competir sen problema".

Subliña que ve ao equipo "preparado" para a hora da verdade. "Estou súper convencido de que vai competir e ben ademais. O obxectivo da pretemporada é coller sensacións, minutos, cargas... Estou totalmente seguro de que imos competir sen problema".

Recalca que a Segunda División "é unha competición moi complicada. A todos gústanos tanto no principio, como á metade ou ao final ter as mellores sensacións posibles, gañar... Pero é unha competición longa, disputada e ímonos a atopar de todo polo camiño".

Do Dépor de Anquela, destaca Koke Vegas que "non estamos a encaixar moitos goles. Iso é unha mostra dese traballo. Estamos a buscar un equipo competitivo. Iso é o que se está fraguando e forxando. A Segunda División é moi complicada. O que tes que buscar é competir".

A nivel persoal, confesou estar "moi contento. Levo un tempo desde que cheguei, con bastante participación. Estou moi contento tanto polo recibimento por parte do Club e do cadro, como pola miña adaptación. Atópome a gusto, a miña sensación é bastante boa a nivel persoal".

Engade que "Carmelo me contou antes de vir o que había aquí. Foi tal cal como mo pintou. Sabía ao que viña, e é o que me atopei".

Preguntado pola competencia con Dani Giménez, asume que "é un reto moi positivo. Non é a primeira vez que me atopo cun opoñente potente na portería como é o caso de Dani, pola súa traxectoria... Gústanme os retos. Vir ao Dépor sabes que vas vir a competir na posición na que veñas, sabes que vai ser complicado xogar porque vas ter competencia no teu posto. O meu é un máis. A partir de aí, a decisión está no míster".