RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lampropoulos, cedido ao VfL Bochum 1848 até final de temporada

O Real Club Deportivo, o VfL Bochum 1848 e Vasileios–Konstantinos Lampropoulos chegaron a un acordo para a cesión do internacional grego, até o final de temporada, ao equipo alemán.

O Real Club Deportivo quere desexar a Lampropoulos a maior das sortes neste novo reto profesional, agradecendo ademais o seu traballo, profesionalidade e implicación co equipo e o trato a todos os compañeiros do Club nestes meses como xogador deportivista.