RCD / NOVAS

Lampropoulos, convocado pola selección de Grecia para dous partidos oficiais

02/10/2019 20:11

O central do Real Club Deportivo, Vasileios Lampropoulos, foi convocado por Johnny van't Schip para os dous próximos partidos da selección grega. Os encontros, clasificatorios para o Euro 2020, dentro do grupo J, serán o 12 de outubro fronte a Italia en Roma e o día 15 ante Bosnia Herzegovina en Atenas.

Deste xeito, Lampropoulos perderase o partido ante a UD Las Palmas do día 13 no Estadio de Gran Canaria.

Máis novas de: LAMPROPOULOS