RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lampropoulos, 'Labro', na súa presentación: "Quero xogar en Primeira co Dépor"

Vasileios–Konstantinos Lampropoulos (Pyrgos, Grecia, 31 de marzo de 1990) foi presentado esta mañá como novo xogador do RC Deportivo.

Após posar para os medios gráficos no campo 1 coa súa nova camiseta, acompañado polo Director Deportivo Carmelo del Pozo, 'Vassi' ou 'Labro', como el mesmo prefire que se lle chame, pasouse pola sala de prensa da Cidade Deportiva.

Na súa primeira aventura fóra de Grecia, atendeu aos medios de comunicación en castelán, despois de estar varios anos aprendendo o idioma, consciente da importancia que ten esta circunstancia na súa mellor adaptación ao Dépor. "Podo aprender, pero é difícil falar axiña", escusouse.

Desexa esta temporada "estar ben, traballar moito para estar ao nivel que quero para min; e quero xogar co Dépor en Primeira División".

Mostrouse "moi feliz" e "encantado" de fichar polo equipo branquiazul. Neste sentido, conta que asinou o seu contrato en abril, que viu "todos os partidos" do que ía ser o seu novo equipo.

De feito, asegura coñecer a "case todos os xogadores. Estou encantado de xogar con eles"; e lamentouse de que no último encontro en Son Moix ante o Real Mallorca non puido xogar "Álex Bergantiños, porque ten experiencia".

Da historia deportivista, confesa lembrar ao Dépor de "Djalminha e de Valerón. O gran equipo. Era un afeccionado e encántame estar agora aquí".

Aínda que recoñece que sería "un soño" xogar en Primeira, "para min é unha oportunidade de xogar en España. Eu miro iso e non o que sucedeu a temporada pasada".

Confesa que foi "moi difícil" os seus últimos meses no AEK, o seu anterior equipo, porque "estiven 6 meses sen xogar partidos. Os dous meses despois do campionato facía adestramentos só. E foi difícil".

Finalmente, defínese como un central "forte", que pode "xogar con balón. Quero coñecer máis o fútbol español agora".