RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lampropoulos, primeira fichaxe do Dépor 2019-2020

Vasileios–Konstantinos Lampropoulos (Βασίλειος Λαμπρόπουλος) (Pyrgos, Grecia, 31 de marzo de 1990) convértese na primeira fichaxe do Deportivo 2019-2020. O central internacional grego procede do AEK de Atenas, do que chega libre, e firma polo Real Club Deportivo para as 2 próximas temporadas.

O primeiro xogador grego na historia do Club formouse nas categorías inferiores de Olympiakos e iniciou a súa carreira profesional no Apollon Pontou, antes de regresar a Olympiacos, onde non chegou a ter minutos, para continuar a súa andaina en Asteras Tripoli, GS Ilioupolis, Panionios e AEK. A temporada recentemente finalizada acumulou 16 partidos entre Liga, Copa e Liga de Campións, que completan os 247 partidos que xogou no fútbol profesional con 12 goles, 2 asistencias, 36 cartóns amarelos e unha expulsión.