RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Laura Fernández, nova xogadora do Dépor ABANCA 2021-2022

Laura María Fernández Borge (Medina de Rioseco, Valladolid, 12 de abril de 1992) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para a Temporada 2021-2022.

A dianteira valisoletana conta cunha ampla experiencia na máxima categoría nacional, na que disputou 85 partidos e marcou 11 goles ao longo de 7 temporadas nas que, ademais, puido celebrar a conquista de dúas Ligas.

Despois de xogar na Juventud Rondilla (2008-2009), debutou na máxima categoría co Real Valladolid (2009-2011), antes de abandonar momentaneamente o fútbol once. Laura uniuse ao Valladolid Fútbol Sala Feminino, co que xogou dúas campañas na Primeira División desa disciplina (2011-2013).

Laura volveu ao verde en 2013 co CD Parquesol de Valladolid e, após dúas campañas, asinou polo Atlético de Madrid para a Temporada 2015-2016. Ese curso disputouno co equipo B, co que fixo 14 goles, pero ao seguinte incorporouse ao primeiro cadro, na que militou dúas temporadas (2016-2018). Neses dous anos Laura formou parte do cadro que conquistou dúas Ligas.

Dous cursos no Madrid CFF (2018-2020) e un no RCD Espanyol (2020-2021) pechan o curriculum de Laura Fernández, que vén de disputar cinco campañas consecutivas na división de honra nacional.