RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Laure: ''estamos a competir ben e van chegar os resultados''

  Laure manifestó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que o partido no Vicente Calderón "estaba un pouco na situación que habíamos exposto. Eles envorcados en ataque, nós tentando deixar xente des

A nivel particular viu a súa estrea como titular como "positivo. Pero ao final o que queres é competir, axudar ao equipo para gañar. Con boas sensacións porque o equipo estivo vivo todo o partido. Ao final Borges ten unha que se escorrega, pero se non se chega a escorregar, eu estaba case celebrando. Boa sensación e agora pór toda a forza no partido do Sporting".
 
Confesa sobre a súa suplencia que "se sofre estando á sombra. Pero o meu pensamento sempre é positivo, traballar e confiar en que me chegue sempre a oportunidade".
 
Opina sobre se o Deportivo foi duro no partido ante o Atlético de Madrid que "a primeira (entrada) de Fayçal é amarela. A segunda chega un pouco tarde, pero é rigorosa, en campo contrario. Son as dúas únicas entradas. Guilherme fai outra entrada. Florin vai competir con dous centrais que van moi duro. Pero é que se ve claramente que o Deportivo é un equipo limpo, que ten intensidade, pero que non vai con maldade".
 
Desvela que Fayçal está "doído, porque sabe que non estivo acertado. Pero son lances do xogo que nos poden pasar. É un mozo súper competitivo, que entrega todo. El é o primeiro que non quere que pase pero ao final cando pasa hai que pasar páxina e aprender".
 
Insiste en que "da metade de táboa para arriba non expulsan a un xogador por esa falta", en referencia ao segundo cartón amarelo que viu o internacional marroquí e que lle custou o cartón vermello. "A nós expulsáronnos, asumimos nosa parte de culpa e seguimos mirando cara a adiante",engade.
 
Laure subliña que o fútbol "son sensacións, son ocasións. E estamos a xerar. Estamos a competir ben e van chegar os resultados. Hai que seguir con esa dinámica de traballar, de confiar e seguro que vai chegar. Non podemos tampouco alarmarnos".