RCD / NOVAS

Laure, satisfeito co sete canteiráns titulares o sábado

A canteira toma o mando no Deportivo. O pasado sábado fronte ao Tenerife, Fernando Vázquez dispuxo no once inicial a sete futbolistas formados en Abegondo, nas categorías inferiores branquiazuis: Laure, Insua, Seoane, Alex, Juan Domínguez, Juan Carlos e Luís. "Desde abaixo se están facendo as cousas ben e se está reflectindo arriba", comenta Laure, un dos capitáns.

31/03/2014 11:11

Recoñece o lateral deportivista que ante o Tenerife "faltounos un pouco de ambición e tratar de pechar o partido canto antes". Cualificou o penalti a Ayoze como "un pouco rigoroso". Ao seu xuízo, esta acción "cambia o partido".

A pesar desa igualada final, Laure cre que o Deportivo "estivo ben. Levou o peso do partido. Entramos polas dúas bandas. Faltou seguir coa presión máis arriba", insiste.

Laure descarta medo o sábado e no que resta de tempada. "Canguelo non hai que ter, hai que ter responsibilidad. Saber que é importantísimo cada punto, cada partido. O que sexa máis responsable e o que manexe mellor as súas cartas, seguirá aí arriba", apunta.

Avisa Laure dun sprint final de infarto para todos: "De aquí ao final de tempada vai ser complicado gañar todos os partidos".

Máis novas de: LAURE