RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lendoiro: Se alguén pensa que somos como o Madrid está tolo

O presidente do equipo líder da liga, o Deportivo da Coruña, Augusto César Lendoiro, estivo nos micrófonos do Tirachinas para contar as sensacións que ten neste inicio da tempada, nesta o seu décimo sexta tempada á fronte do conxunto galego, "a clave do

Nos últimos anos o Depor gañouse un posto dentro dos equipos grandes non só en España senón tamén en Europa pero Lendoiro lembrou que "se alguén pensa que o Depor é como o Madrid esta tolo".

Roy Makaay foise ao Bayern de Munich pero o Deportivo atopou en Pandiani o seu perfecto substituto, e para Lendoiro, "é moito máis traballador que Makaay aínda que o holandés é un grandísimo xogador".

Pedro Munitis foi unha das caras novas deste Deportivo e o máximo dirixente galego ten claro que o xogador cántabro ten que volver triunfar, "Quero recuperar a Munitis porque chega con moita ilusión e ademais creo que volverá á selección".

Por último Lendoiro falou sobre a actual situación que vive o ex xogador do Deportivo, Rivaldo, que se atopa nestes momentos no Milán e que pode abandonar o club italiano debido a que non se conta con el. Lendoiro foi interrogado sobre a posibilidade de volver a repescarlo para o Depor "nesta vida nada é imposible pero eu o que aspiro é que a xente que veña ao Deportivo chegue coa bitola de gañadores e con ilusión por conseguir cousas no fútbol pero Rivado esta de volta de todo despois de todo o que gañou deportiva como economicamente".