RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Levamos unha carga de responsabilidade que non nos fai pór no céspede o mellor de cada un", sostén Natxo

Natxo González manifestou en rolda de prensa que a UD Almería, rival esta noite, é un equipo "seguro, sen presión; e nós con esas ansias de gañar e de conseguir vitorias, indecisos, incómodos tecnicamente no centro, no pase. Vivín estas situacións e sei que non é fácil saír delas. A solución é seguir traballando".

O técnico deportivista admite que está preocupado pola situación actual do equipo, "pero tamén sei que non é a primeira vez que me pasa nin será a última. Sei que non é fácil, coa presión engadida que tes duns obxectivos que continuamente che están chegando de ti mesmo, do veciño, do da beira, do curmán..."

Cre que "a pesar de xogadores con traxectoria, de categorías superiores, neste tipo de momentos, todos somos humanos. Levamos unha carga encima de responsabilidade que non nos fai pór no céspede o mellor de cada un. Actitude, correr... pero sen gozar do fútbol, que é do que se trata á fin e ao cabo".

Nesta liña, empeza a dubidar Natxo que ABANCA-RIAZOR converteuse nun problema para o Dépor: "Non nos está axudando. Tes máis responsabilidade porque queres contentar á túa xente, queres darlles unha alegría. Isto pode pasar. O que temos que facer é afacernos a isto. Antes do partido sabiamos que como as cousas vaian ben, ímolos a ter do noso lado. Como as cousas non vaian ben, vai ser o contrario. Hai moita xente que nos axuda pero hai outra moita xente que non nos axuda. Isto é o xogo. É lóxico desde o punto de vista do afeccionado, do espectador. Temos que convivir con iso".

Pola súa banda, Francisco J. Fernández Díaz, técnico da UD Almería, opina que ao seu equipo "faltoulle só o remate final. O equipo durante 85 minutos realizou un partidazo, deixouse a pel. Fomos, dentro da igualdade do partido, un pelín superiores, pero faltou un pouco de remate".