Lopo cre que ''é hora de falar no campo e sobre todo gañar''
Alberto Lopo, con 202 partidos disputados no Dépor entre Liga e Copa, compareció esta mañana en Abegondo ante os medios de comunicación. "Sabemos que é un partido (o domingo 22 de marzo ás 12.00 en Riazor fronte ao Espanyol) moi importante. É o momento de falar no campo e sobre todo gañar, que é o más importante de aquí a final de tempada", comentó.
canaldeportivo, A Coruña18/03/2015 21:00
Cualificou de positiva "" a comida de onte do persoal co o Presidente Tino Fernández e o Conselleiro responsable da área Deportiva, Fernando Vidal. "Foi unha charla como cando un presidente fala cos seus xogadores, de ánimo ao persoal, de afrontar os últimos partidos que quedan da mellor forma, de sacar os máximos puntos posibles, de estar todos xuntos... Unha comida produtiva e positiva", indicou.
Asegurou que é unha "mágoa" a lesión de Wilk, "porque é un rapaz encantador, traballa como o que máis adestrando. Desexámoslle o"mellor .
Confesa que xogar ante o Espanyol é "especial. Foi onde o meu criei, onde debutei, onde pasei a metade da miña carreira deportiva. É un partido sempre bonito de xogar. Tamén porque ten un adestrador que foi compañeiro meu e ao que lle desexo o mellor a partir deste domingo. Un partido moi especial por todo o que representa na miña carreira o Espanyol".
Os futbolistas branquiazuis que pasaron pola zona mixta en Anduva destacan que Riazor, este martes 12 de xaneiro ás 20.00 horas, ditará sentenza nesta eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei.
Alberto Lopo recibió esta mañana o alta médica ao finalizar o adestramento en Abegondo e entró na lista de convocados para o partido de Copa do Rei en Miranda. O central deportivista é a novidade principal na lista de convocados.
Luisinho se retiró antes de finalizar a sesión, con molestias nos isquiotibiais da súa perna esquerda; mentres que Fede Cartabia, cunha molestia nun aductor, rebajó hoxe a intensidade do seu traballo.