RCD / NOVAS

Lopo, Jonás e Manuel Pablo, conscientes de que Riazor ditará sentenza

Os futbolistas branquiazuis que pasaron pola zona mixta en Anduva destacan que Riazor, este martes 12 de xaneiro ás 20.00 horas, ditará sentenza nesta eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei.

06/01/2016 20:10

Así, Alberto Lopo, autor do tanto do empate nun certeiro cabezazo, opina que o Dépor "na segunda metade foi a por o partido, cun gol en contra. E reflectiuse no campo, en ocasións e en levar o control do partido. Non puido ser o triunfo e hai que esperar a Riazor".

Jonás Gutiérrez, pola súa banda, opina que "hoxe nos atopamos cun empate que é bo, pero iso non quere dicir que a eliminatoria estea resolta".

Nesta liña, cre o atacante arxentino que "demos un gran paso, pero agora hai que rematar a faena o próximo partido en Riazor".

Finalmente, Manuel Pablo, titular no lateral zurdo esta tarde en Miranda, cre que con este empate a uns "se cadra temos un pouco de vantaxe, pero xa vimos o que fixo o Mirandés na pasada eliminatoria. É un equipo que está en moi bo estado e hai que traballar igual que neste partido".

O capitán deportivista dixo que "na primeira parte presionáronnos bastante e custar un pouco máis. Na segunda igual baixaron un pouco e xa puidemos combinar máis, e chegaron máis oportunidades".

Máis novas de: LOPO, MANUEL PABLO, JONÁS

RCD / Noticias Relacionadas

08/07/2016 20:03 |

Manuel Pablo: ''Sempre tentei ser un bo compañeiro, unha persoa que axudase ao Club''

  Coa presenza de todos as súas compañeros, técnicos e empregados, Manuel Pablo puxo fin esta mañana cunha rolda de prensa en Abegondo á súa etapa como futbolista en activo do Real Club Deportivo. Atrás quedan 482 partidos oficiais coa camiseta branquiazul, deles 349 en Primeira División, repartidos en 18 tempadas; e varios títulos oficiais (Campeón de Liga, campeón de Copa do Rei e campeón de dous Supercopas de España).

07/07/2016 22:22 |

Manuel Pablo recibirá a homenaxe do Real Club Deportivo e o deportivismo no Teresa Herrera

  A septuagésimo primeira edición do Trofeo Teresa Herrera, decano dos torneos estivais, que se disputa ante o Vilarreal CF o próximo martes 9 de agosto en categorías feminina e masculina tendrá este añou un aliciente especial. O Real Club Deportivo decidiu render homenaxe nese encontro ao capitán branquiazul, Manuel Pablo, que desde hoxe deixa o fútbol en activo para incorporarse á organigrama técnico do Club.

07/07/2016 11:45 |

Manuel Pablo incorpórase á dirección deportiva do Club

  O Real Club Deportivo e Manuel Pablo García Díaz (Bañaderos, Gran Canaria, 25 de xaneiro de 1976) determinaron esta mañana as funcións que desenvolverá o capitán branquiazul a partir desta tempada 2016-2017 que hoxe comeza. Nesta nova campaña, a decimonovena de Manuel Pablo no Deportivo, o grancanario sumarseá ao área de gestión deportiva do Club deixando a competición en activo.