RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo: Non me arrepinto para nada en vir ao Deportivo. Estou moi a gusto na cidade e no Club

Albert Lopo, un periquito, retornará o vindeiro sábado á súa casa, Barcelona, para medirse ao eterno rival do seu equipo de sempre. "A verdade é que nunca gañei no Camp Nou co Espanyol. Imos tentalo agora co Dépor", comentou na sala de prensa de Abegondo.

Lopo recalca que "o equipo está agora nunha situación tranquila, a tres ou catro puntos do obxectivo da salvación" e asegura non arrepentirse para nada de fichar polo Dépor: "Estou moi a gusto na cidade e na Coruña".
Así mesmo, eloxiou o traballo de toda a zaga ante o Xetafe e asegura que non ten preferencias no sorteo de semifinais de Copa de mañá xoves: "A estas alturas calquera rival será moi perigoso". Escucha a Lopo en canaldeportivo.tv