Lopo pide tomar o partido do venres 'coa máxima concentración posible'
Alberto Lopo atendió aos medios de comunicación esta mañana ao finalizar o adestramento do primeiro equipo en Abegondo. O central deportivista confesa que o choque deste venres en Vallecas ante o Raio Vallecano (20:45 h., Gol T e Canle + Liga) ten "unha importancia máxima, como lle damos a todos os partidos. O do venres é importante porque de gañar daríamos un paso importante para seguir sumando e para saír desa zona baixa. Un partido complicado, pero hai que ir gañar e collelo coa máxima concentración posible".
canaldeportivo, A Coruña28/01/2015 20:47
Haberá reencontro cun exdeportivista, Zé Castro: "bo futbolista, bo compañeiro. Está a irlle ben aí no Raio, así que nos alegramos todos por el".
Con case 400 partidos en Primeira División ao lombo, Lopo advirte que "as segundas voltas son máis complicadas. Sempre se sacan máis puntos. Os equipos apertan máis, refórzanse máis. Nós temos que preocuparnos de nós, de poder enlazar un par de vitorias, que sería moi bo e importante, pero para iso hai que traballarllo ben".
Opina que o pasado domingo ante o Granada, despois de facer o máis difícil, que foi darlle a volta ao marcador tras o tanto inicial do granadino Piti, "non soubemos pechar o partido". Neste sentido, subliña que "o equipo defendeu ben as faltas, pero precisamente nesa última o equipo meteuse máis atrás e desgraciadamente empatáronnos. Pero si é certo que somos un equipo que nos están facendo goles en xogadas a balón parado e hai que mellorar iso".
Pide Lopo "saír ao campo máis concentrados (que o pasado domingo), sabendo o que nos xogamos". Lembra que o arranque o encontro ante o Granada foi "un cúmulo de nervios, de accións desafortunadas e encima márcanche eles o gol. Era todo máis costa arriba. O equipo sacou orgullo, deu a volta ao marcador e esqueceu entre comiñas eses 20 minutos malos".
Os futbolistas branquiazuis que pasaron pola zona mixta en Anduva destacan que Riazor, este martes 12 de xaneiro ás 20.00 horas, ditará sentenza nesta eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei.
Alberto Lopo recibió esta mañana o alta médica ao finalizar o adestramento en Abegondo e entró na lista de convocados para o partido de Copa do Rei en Miranda. O central deportivista é a novidade principal na lista de convocados.
Luisinho se retiró antes de finalizar a sesión, con molestias nos isquiotibiais da súa perna esquerda; mentres que Fede Cartabia, cunha molestia nun aductor, rebajó hoxe a intensidade do seu traballo.