RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina mantén a dúbida de Adrián ou Lassad para o ataque

Miguel Ángel Lotina confesó na sala de prensa do Mundo do Fútbol, después do último adestramento do equipo antes de viaxar a Madrid, que mantén a dúbida de Adrián ou Lassad para a punta do ataque do Vicente Calder

Así mesmo, explicou que leva convocado ao canteirán Rochela "porque está a adestrar moi ben e o pasado luns ante o Hércules foi Ze Castro ao banco (Rochela viaxou co filial a Madrid)". Asegurou que este é o único motivo do descarte do internacional portugués. Tamén indicou que leva a 19 futbolistas "por causas miñas, non porque haxa algún xogador con problemas".
 
Pola súa banda, Aythami, tamén en rolda de prensa, dixo sentirse "feliz" por estar no Deportivo e xogando de titular. "Era o que sempre quixera", engadiu tras recoñecer que as cesións a outros equipos "viñéronme moi ben".Para puntuar mañá sábado ante o Atlético de Madrid, Aythami pediu ao equipo "concentración e moitas axudas" en defensa.