RCD / NOVAS

Lucas e Cuenca entregan mañá luns os diplomas aos nenos da segunda quenda do Campus do Dépor

- Foto: Iratxe Vieites - Os atacantes deportivistas  Lucas Pérez e Isaac Conca serán os encargados, mañana luns 28 de xullo, de entregar os diplomas aos ninñvos participantes na segunda quenda do Campus do Dépor. O acto será no campo de herba artificial, ás 13.00 horas.

27/07/2014 22:38

O Campus do Dépor, que pon así o punto e final por este ano, estivo dirixido a nenos e nenas de 6 a 15 anos, con case un centenar de participantes.

Con profesorado composto exclusivamente por adestradores do Club, nas dúas quendas houbo sesións para a mellora da técnica individual e colectiva a través de xogos, exercicios correctivos e partidos; incluíndo adestramentos específicos para porteiros. Así mesmo, un dos días de cada quenda, o Campus trasladouse á praia, con diversas  actividades recreativas.

Máis novas de: CUENCA, LUCAS PÉREZ