RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luckia aposta polo Dépor até 2021

A sede de Luckia na Coruña acolleu esta mañá o acto de presentación do acordo entre o patrocinador deportivista e o Club, que escenificaron cun apertón de mans os presidentes de ambas as entidades, José González e Tino Fernández.

Luckia e o Dépor amplían a súa vinculación por 3 temporadas polo que a casa coruñesa de apostas estará xunto ao Dépor até 2021, nunha firme aposta por apoiar ao principal equipo da cidade, e máis agora que o Deportivo milita en Segunda División.

Por este motivo, Tino Fernández agradeceu especialmente a reafirmación deste compromiso, que aumenta en contía e anos de vinculación con respecto ao anterior "é reconfortabte saber que nestes momentos é cando a colaboración aumenta por parte dunha empresa coruñesa cuxos éxitos non paran de medrar no mundo"

José González destacou "a honra de ser partner do Deportivo. Aínda que apoiamos a todo o deporte galego, fainos ilusión ampliar o contrato co Dépor, ao que trasladamos o desexo de que ascenda o máis pronto posible como coruñeses e como deportivistas. O Deportivo foi un dos factores que cambiou a imaxe dos galegos no mundo, por iso animo ao presidente a seguir facendo un esforzo para regresar a grandes épocas e por iso o Dépor vai contar co noso apoio sempre que o desexe", concluíu.