RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luís Alberto: Atopeime moi ben, sen ningunha molestia

Luís Alberto, autor do único gol no Toralín, manifestó aos medios de comunicación en zona mixta estar "contento por volver después de estar estes días parado por precaucion e contento polo gol. Pero agora vén

Explicou que "unhas pequenas molestias" obrigáronlle a baixar o ritmo de adestramento: "Decidimos parar uns días para recuperar, para que non vaia a máis . No partido atopeime moi ben, sen ningunha molestia. Espero non ter ningún problema".

Insiste o goleador branquiazul en Ponferrada en estar "contento polo gol, pero o importante é que cada un vaia collendo a súa mellor forma para o inicio de liga".

Pola súa banda o fabrilista Alex Corredera destaca do vestiario "o bo rolo entre todos. Os veteranos están a axudarnos moito e é de agradecer".

Asegura o atacante deportivista que ten "a cabeza centrada, os pés no chan, sabendo que estamos aí para o que necesiten; pero somos xogadores do Fabril e que calquera oportunidade que nos dean, imos estar preparados".