RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luis César aos seus xogadores: "Este equipo é outro xa"

Luis César confesou este mediodía na sala de prensa de Abegondo dicirlle aos xogadores que "este equipo é outro xa. Eramos un equipo que encaixaba 2 goles por partido e agora somos un equipo que non encaixou en 2 partidos. Díxenlles que hai que continuar así".

Nesta liña, o técnico deportivista opina que "estamos a aprobar de momento a materia da vulnerabilidade, de sentirnos vulnerables. Iso estámolo aprobando. O que pasa é que non podemos alardear nin presumir de nada mentres non gañemos. E cando gañemos tampouco porque estamos nunha situación delicada. Pero isto é cada semana eh. Non quere dicir que nos convertemos xa nunha roca defensiva. Pero si vexo outro equipo no últimos quince días", engade.

Promete que o equipo irá mañá domingo 8 de decembro ante o Real Zaragoza (16:00 horas, #Vamos) "a por ese partido redondo". Explica que incorporamos nos 2 últimos partidos a eficacia na nosa portería. Fáltanos engadir agora a eficacia na portería contraria".

Luis César indica que ve en ataque "descoordinación, precipitación. Vexo xogadas nas que xutan a portería que non se porque xutan e outras que tiñan que xutar e non xutaron. Temos que atacar mellor, e finalizar mellor. Merodeamos por momentos a área do Lugo e a área do Alcorcón e podíase facer moitas máis cousas das que fixemos".

O adestrador branquiazul insiste en que "o importante é a actitude ante a adversidade. Cando se gaña é todo moito máis sinxelo. Temos que buscar esa vitoria con insistencia. Cada semana é un comezo novo. Xa nos toca. Merecémonos esa vitoria".

Sobre a afección de ABANCA-RIAZOR, Luis César apuntou que no último partido estivo "fantástica. Por nada que lle deamos, xa nos aplauden. Espero darlle máis que no último partido en casa para recibir moito máis. Nós damos pouco e eles dannos moito máis do que mostramos. Sabía que é así porque coñezo este público".

En canto ás vitorias onte de Málaga, Oviedo... lembra que "estamos con presión desde hai moitos días. Eu desde hai 8 xornadas e os xogadores desde a xornada 1 que non gañaron. Os puntos do Dépor tenos que facer o Dépor a través de marcar un gol máis que o contrario, de encaixar pouco e marcar goles. Despois miramos os resultados e encantaríannos que nos favorecesen todos. Unhas semanas favorecerannos un pouquiño, outras nos prexudicarán. Ao final en fútbol hai que facer puntos para conseguir os teus obxectivos".