RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luis César leva a Almendralejo aos 17 dispoñibles do primeiro cadro e aos fabrilistas Mujaid e David Sánchez

O Deportivo encara o partido deste sábado 16 de novembro en Almendralejo ante o Extremadura UD (16:00 horas, Movistar LaLiga) cos 17 futbolistas do primeiro cadro dispoñibles e cos fabrilistas Mujaid e David Sánchez.

Está incluído na lista de convocados Luis Ruiz, que hoxe mesmo recibiu a alta médica.

A expedición branquiazul realizará mañá venres unha última sesión de preparación no Estadio Romano de Mérida ás 17:00 horas (horario aproximado), nada máis chegar o autocar á cidade estremeña.

Quedan fóra da convocatoria de maneira obrigada os internacionais Gaku, Lampropoulos e Montero; ademais dos lesionados Jovanović e David Simón.

No adestramento desta mañá, hoxe ademais cos canteiráns Bourdal, Iago Parga e Valín, Luis César dispuxo un exercicio táctico no campo 2 en forma de partido 11 contra 11.

Antes de saltar ao céspede, a mañá arrancou na sala de vídeo e continuou no ximnasio, cun traballo preventivo.

Concluído o choque ante o Extremadura UD, o cadro retomará os adestramentos o luns 18 de novembro ás 11:00 horas en Abegondo.