RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luis César repite para mañá sábado en Fuenlabrada a mesma convocatoria que en Santander

O Deportivo encara a visita de mañá sábado 2 de novembro (16:00 horas, Movistar LaLiga 1) ao CF Fuenlabrada no Estadio Fernando Torres con 18 futbolistas, os mesmos que a pasada semana enfrontáronse ao Real Racing Club en El Sardinero.

Quedan fóra da convocatoria por lesión Somma, Luis Ruiz e David Simón. Do central italiano falou Luis César na rolda de prensa previa: "Igual a semana que vén védelo facendo o 80 % do traballo co grupo".

No adestramento desta mañá, cos fabrilistas Mujaid, Boian e Álex Cobo, e após un quecemento con xogos, Luis César dispuxo un exercicio táctico no campo 2 e repaso de accións a balón parado.

O adestrador branquiazul lembrou que non condicionou a preparación do partido pero si "tiven en conta o tipo de xogo que nos vai a propoñer o CF Fuenlabrada, o tipo de campo, as súas dimensións. Estamos a pensar o que fai ben o Fuenlabrada no seu estadio, que é moito".

Os convocados desprázanse a continuación a Madrid, segundo este plan de viaxe:

Venres 1 de novembro
12:15: Saída en autocar, con parada para comer en Ponferrada
19:15 (horario aproximado): Chegada a Alcorcón e aloxamento no hotel NH Alcorcón

Sábado 2 de novembro
16:00: CF Fuenlabrada - Deportivo, no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña