RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luisinho: "É normal o cabreo da xente"

Luisinho recolleu esta mañá en Abegondo o trofeo ao 'Xogador Estrella' pertencente o mes de abril, e que outorga Estrella Galicia en base ás votacións dos medios de comunicación e os afeccionados.

Nas súas declaracións posteriores, manifestou o lateral branquiazul que "cumprimos o obxectivo da permanencia. Non foi como queriamos, pero o obxectivo está cumprido, e agora a pensar na próxima temporada". "Se fose doutra maneira sería mellor para todos, pero sabemos que a temporada foi moi difícil", engade.

Confesou que a lesión no seu xeonllo, que lle impediu disputar os últimos partidos, chegoulle "no peor momento, cando estaba ben, cando estaba a axudar ao equipo. Pero os compañeiros conseguiron o obxectivo e estou moi contento".

Preguntado sobre a decepción que hai entre os afeccionados, Luisinho, un dos futbolistas máis queridos polo deportivismo, declarou que "entende as críticas. Vai haber agora un período de reflexión no Club".

Nesta liña, é consciente o defensor deportivista que "non acabamos ben a temporada. A imaxe nos últimos partidos non foi das mellores. É normal o cabreo da xente. Enténdoo perfectamente e nós, como bos profesionais só temos que aceptalo".

Agradece persoalmente o agarimo que recibe da bancada. Apunta por iso que "foi un ano bastante positivo. A nivel persoal saíume bastante ben. Estou agradecido por iso aos meus compañeiros; aos dous adestradores que tiven, Garitano e Pepe Mel, que confiaron en min; á afección que sempre estivo do meu lado. Obxectivo cumprido que foi a salvación. Agora toca reflexionar e o mellor que sexa para o Deportivo, nós encantados".

Cun ano máis de contrato aínda na Coruña, Luisinho apunta non obstante que "o meu desexo sempre foi permanecer aquí. O ano pasado foi moi difícil, queríanme botar de aquí. Eu sempre pelexei, coa miña familia, para quedar aquí. Non vouche a enganar, gústame o Club, gústame a cidade, a afección está sempre comigo. Por iso desexo seguir aquí. Pero non depende de min, depende de todas as persoas. A miña intención sempre foi quedar".