RCD / NOVAS

Luisinho recibe mañá o premio 'O Bó', que entrega a peña deportivista de Vilalba

09/08/2017 19:20

Un dos futbolistas máis queridos polo deportivismo, Luisinho, será homenaxeado mañá xoves pola peña deportivista de Vilalba, a decana das agrupacións branquiazuis.

O lateral portugués recibirá o premio 'O Bó', nun acto que terá lugar a partir das 21:30 horas no Hotel Attica 21, cuartel xeral do Deportivo en Vilalba.

Ten previsto asistir unha nutrida representación da peña, ademais de membros do cadro e corpo técnico deportivista.

Máis novas de: LUISINHO