RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luisinho vaticina unha segunda volta "bastante esixente"

Luisinho foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo. Asegurou que o vestiario é consciente de que está "nunha situación complicada. Temos que sacar isto adiante. Non vai ser tan sinxelo como esperabamos. Vai ser unha segunda volta bastante esixente. Fomos nós os que nos metemos abaixo e hai que saír como sexa de aí".

Admite que os futbolistas branquiazuis son conscientes de que "a clasificación fala por si soa. Estamos nunha situación non agradable, que non é acorde ao Club. É normal que o vestiario faga autocrítica e teña que ser máis esixente coas cousas que están a pasar. Non é suficiente chegar aquí e falar. Hai que demostrar dentro do campo, saír desta situación".

Reitera que o cadro é sabedor de que "a situación non é a mellor. A única solución agora é cambiar o chip, cambiar esta mentalidade que até agora non funcionaba e traballar. Non hai outra".

Preguntado polos goles que encaixa o equipo, Luisinho cre que a culpa "non é só da defensa, é do conxunto. Neste momento, os 25 ou 26 do cadro somos os culpables, non os 5 ou 6 da defensa. Só culpar á defensa ou ao porteiro non é normal".

Do choque ante o Villarreal CF deste domingo 7 de xaneiro (18:30 horas, Bein LaLiga) no Estadio de la Cerámica, subliñou que "agora todos os partidos van ser difíciles. Estamos nunha situación que non podemos fallar. Sabemos o potencial que ten o Villarreal, un equipo que toca ben, en casa xoga ben, con bos xogadores. Todos os partidos a partir de agora van ser non digo finais pero si importantes. Non podemos fallar como fallamos até agora".