RCD / NOVAS

Luisito dirixirá ao Fabril a próxima temporada

21/06/2019 17:45

José Luis Míguez Iglesias, "Luisito", e o presidente do Real Club Deportivo, Paco Zas, asinaron esta tarde na sede do Club na praza de Pontevedra a renovación do adestrador como responsable do Fabril para a próxima temporada 2019-2020.

O técnico galego iniciará así un novo ciclo no grupo I da Terceira á fronte do filial deportivistas, ao que se incorporou o pasado 4 de febreiro.