RCD / NOVAS

Luisito non continuará como adestrador do Fabril

14/05/2020 18:20

O Real Club Deportivo comunicou esta tarde a José Luis Míguez Iglesias, "Luisito", após a finalización das competicións da RFEF, que non continuará a próxima temporada como adestrador do Deportivo Fabril. Tampouco continuará na estrutura do Club o preparador físico Roberto Valdés.

O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Lusito e Roberto a súa aposta e traballo durante o último ano á fronte do filial branquiazul, desexándolles toda a sorte a nivel persoal e nos seus futuros proxectos profesionais.