RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luque, encantado coa confianza que lle demostrou o míster

Albert Luque tamén compareceu hoxe en rolda de prensa. O dianteiro catalán engloba ao Deportivo entre os favoritos: "Sempre parte de favorito en todas as competicións que dispute. Aínda que quizais o Real Madrid, por persoal, sexa o número uno na lista

Luque eloxiou ao Zaragoza, primeiro rival deportivista na competición da regularidade: "É un equipo con moita afección e un gran estadio. Ímolo a ter moi complicado"; e tamén se desfixo en eloxios cara a Milito, unha das grandes incorporacións que realizou o equipo maño. "É un defensa rápido e forte e será moi complicado superarlle". Luque demostrou a súa satisfacción polo seu partido ante o Rosenborg: "O míster demostroume moita confianza na miña ao ser titular nun partido tan importante como o do pasado martes", ademais, o internacional deportivista mostrouse "contentisimo de vir a este club. Vin a un gran equipo e espero corresponder ás palabras do presidente nas que dixo que a fichaxe deste ano era eu", concluíu Luque.