RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux cre que o Dépor ha de ser en #ONosoDerbi ''moi intenso e ordenado, como fomos en Riazor''

  Poroto Lux compareció esta mañana en rolda de prensa en Abegondo. Asegura que, ante #ONosoDerbi deste sábado 2 de abril en Balaídous (22.05, TVE), atópase "con estas expectivas, con esta ilusión que x

Na súa opinión, dá igual quen chegue mellor ao choque: "se nos fixamos na clasificación está mellor o Celta, que está preto de entrar en Champions, que está a facer unha tempada moi boa. E nós creo que en liñas xerais, no que vai de tempada, estamos nunha boa posición e queremos seguir e acabar isto canto antes. Creo que estamos preto, cada vez máis preto de cumprir ese obxectivo que é a permanencia, que é o obxectivo noso", argumenta.

Cre que nos derbis "non hai favoritos, porque son partidos especiais, nos cales os dous van querer gañar por todo o que significa, a afección... por todo".
 
Coa dúbida no bando celeste de Iago Aspas, Lux asegura a este respecto que "o Celta ten grandes xogadores. Se me dás a elixir, obviamente a maioría que non xoguen sería mellor para nós. Pero pensamos no Deportivo, no que podamos facer nós dentro do campo e fixámonos no Celta no seu conxunto, que é un rival que se lle deixamos dominar e ten a pelota, é moi perigoso".
 
A receita para contrarrestar o potencial céltico, segundo a meta deportivista, é "ser un equipo moi intenso e moi ordenado, como o fomos en Riazor. Non deixarlle ter a posesión da pelota e estar moi encima deles. Ao longo da semana iremos traballando e vendo o que quere o adestrador para ese partido".
 
Un triunfo en Vigo, lembra o porteiro branquiazul, "serían tres puntos valiosos, moi importantes, porque xa estaría moi cerquita de cumprir ese obxectivo tan desexado".
 
Sobre a súa renovación, asegura Poroto Lux que "está aí ao caer. De palabra xa arranxamos unha tempada máis, así que falta a firma nada"máis .