RCD / NOVAS

Máis de 1.000 nenos e nenas participan xa nos DéporCampus Cabreiroá. Últimas horas para inscribirse na terceira semana

03/07/2019 21:06

A terceira semana dos DéporCampus Cabreiroá do verán de 2019 pechará a súa inscrición mañá xoves 4 de xullo ás 12:00.

A terceira das seis quendas dos DéporCampus Cabreiroá de Abegondo e os DéporCampus Cabreiroá de Bertamiráns, Cuntis e Viveiro darán inicio o vindeiro luns 8 e prolongaranse até o venres 12.

Nesta ligazón podes consultar os prezos e nestoutros podes cubrir os formularios de inscrición de Abegondo, BertamiránsCuntis e Viveiro.

Para ser validadas, todas as inscricións realizadas nas próximas horas tamén deberán ser abonadas antes da hora límite, as 12:00 horas do xoves 4 de xullo.

Os DéporCampus Cabreiroá de Abegondo contan xa con 687 inscritos. Na suma de todas as sedes, a lista de participantes supera xa o milleiro de mozos, con 1.096 participantes.

Os DéporCampus Cabreiroá 2019 contan cun total de 15 sedes: 10 en Galicia, 1 en Cantabria e 4 fose de España.