RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Mañá goleadora do Cadete B en Abegondo ante o CD Lugo B

O Cadete B impúxose con claridade (7-0) ao CD Lugo B en partido correspondente á 2ª xornada no grupo norte da liga Galega disputado en Abegondo.

Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones foron os goleadores nun choque de dominio branquiazul a partir do minuto 28, cando chegou o primeiro tanto que desaxustou o armazón defensivo lucense.

Con este marcador, o Cadete B suma 4 puntos de 6 posibles.

Cadete B: Mateo, Alexis, Raúl, Carlos, Xosé, Hugo García, Lombao, Mardones, Marcote, Marco Baña e Fer. Tamén xogaron: Seydiba, Matos, Domínguez, Sierra e Monteagudo.

A próxima fin de semana, o Cadete B visita ao Escola Estrada Fútbol Base.

Os resultados do Cadete B son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0