RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Manu Sánchez: "O Dépor ABANCA está ben porque facemos cousas moi boas en cada partido"

Manu Sánchez manifestou esta tarde na sala de prensa de Abegondo que sente a confianza "cada día con Pablo (Pereiro) que é o meu xefe directo; co propio Presidente, que é o primeiro que cada semana ma transmite e é algo que teño que agradecer; coas xogadoras, que non perderon a confianza en min; e coa afección, que cada semana se me alaga o teléfono con mensaxes de ánimo e de que isto o imos a sacar. Isto dáche moitísima forza para saír adiante".

O técnico deportivista apunta que "humildemente non estamos a facer nada mal. O outro día o partido ante o Sevilla é un exemplo para o que o puido ver. É un partido moi disputado que se che vai no 94. Houbo máis partidos nos que merecemos máis e non está a chegar. Os resultados son os que din se un é bo ou mal adestrador. Isto construíuse a base de moitísimo traballo, de moitísima ilusión. Imos tentar pequenos cambios, mesmo grandes cambios e tentar que entre a pelota e non nos entre máis a nós".

Subliña que o Deportivo ABANCA "está ben porque facemos cousas moi boas en cada partido. A semana pasada tiven que parar unha tarefa moi complexa que eu quixen complicar aínda máis. E estaba a saír á perfección. E iso sae porque aquí hai moito talento. Non hai máis que iso. O equipo fisicamente está ben, ten calidade, afronta os partidos plantándolle cara a todos os rivais. É certo que hai momentos nos que non estamos ben".

Asume a súa responsabilidade á fronte do Dépor ABANCA: "Houbo un par de partidos nos que me equivoco totalmente na formulación. Ao final os adestradores estamos aquí para conducir ás xogadoras ou para expoñer o mellor escenario para que elas desenvolvan o seu fútbol. Seguramente son eu o que non está a dar coa tecla do que necesita o equipo esta temporada".

Conclúe asegurando que "hai moitísimo marxe de mellora. Temos xogadoras de gran talento neste equipo e sobre todo xogadoras que senten este equipo porque o fixeron crecer elas. Entón igual que o fixeron crecer non o van a deixar caer. Pase o que pase imos pelexar até o final, sen poñernos tan dramáticos que estamos nas primeiras xornadas".