RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo cre que ''para min e para todos os xogadores é especial enfrontarse a Valerón''

Manuel Pablo compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. Confirmó que estaba "ben. Para ver se o míster decide contar comigo na convocatoria". Asegura que "non é fácil

Confesa que o partido deste luns 11 de abril en Riazor ante a UD As Palmas (20.30, Canle + Liga / Abono Fútbol) "é especial para min. Levo toda a vida fóra, a metade da miña vida fóra. Pero eu estiven desde os 9 anos nesa canteira e é moi especial facerme feito alí, debutar como profesional e teño bos recordos alí".

Asume sobre o seu futuro, do mesmo xeito que o de Juan Carlos Valerón, que "xa temos unha idade, cada vez xogamos menos e as posibilidades de continuar son mínimas. É algo do que non nos gusta falar. Vémolo como algo natural e non queremos dalo como unha noticia".

"Creo que vou seguir vivindo, iso espero", chancea Manuel Pablo sobre a próxima tempada.

Di falar con Valerón pero non do partido: "Estamos a xogar á 'play' todo o día, en liña. Pouco máis falamos. Pregunteille polas baixas de William e Jonathan (Vise), que parece que pode chegar".

Asegura que enfrontarse ao 'Fraco' "é para min e para todos os xogadores debería ser algo especial. É un xogador que só tes que fixarche para saber porqué segue xogando, como entende o fútbol, como fai aos seus compañeiros mellores. Para os ollos de calquera futbolista que estea aí, velo debe de ser especial".

Sobre a súa achega esta tempada, apunta o capitán branquiazul estar "decepcionado non, triste. Cando uno non xoga ao final sente triste. Pero eu adestro coma se fóra a xogar o domingo, aínda que sei que as opcións son poucas. Despois chega o fin de semana e estás un pouco máis triste".

Manuel Pablo espera sumar o tres puntos o luns. "Sabemos da importancia diso. Para min contra As Palmas sería especial xogar algún minuto pero depende das circunstancias, de como vaia todo. Pero o principal é que o equipo consiga a vitoria e estar un pouco máis tranquilos".