RCD / NOVAS

María Figueroa, nova fichaxe do Deportivo ABANCA B

03/07/2020 11:42

O Deportivo ABANCA B suma unha nova incorporación para a temporada 2020/2021. Trátase de María Figueroa, procedente das Viaxes Interrías de Sanxenxo.

María Figueroa Rodriguez, nacida o 13 de setembro de 2002, empezou a súa carreira futbolística nos cadetes do CD Choco para xogar, xa en idade xuvenil, no conxunto do Atlántida Matamá, de onde deu o salto ao Viaxes Interrías.

María figueroa pode xogar tanto no posto de defensa central como de mediocentro.