RCD / NOVAS

María Méndez, citada para uns adestramentos coa selección española sub-19

14/01/2020 17:40

A xogadora do Deportivo ABANCA María Méndez foi citada para uns adestramentos coa selección española sub-19, que terán lugar na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid), do luns 20 ao mércores 22 de xaneiro.

Así pois, a defensa central do equipo revelación da Primera Iberdrola segundo a páxina web oficial de LaLiga, incorporarase á concentración do equipo nacional tralo choque ligueiro deste domingo 19 de xaneiro do Deportivo ABANCA en Abegondo (18:30 horas, Gol) ante o Real Betis.