RCD / NOVAS

Marlos Moreno, novidade na lista de 22 convocados para o Memorial Antonio Bermúdez

O Real Club Deportivo disputará no Estadio Multiusos de San Lázaro ás 20.30 horas de hoxe martes fronte á Sociedade Deportiva Compostela o Memorial Antonio Bermúdez.

23/08/2016 13:30

Gaizka Garitano citou para este encontro a 22 futbolistas, entre os que se atopa o colombiano Marlos Moreno, a última fichaxe deportivista no que vai de verán. Entre os citados hai 9 futbolistas do Fabril.

Para os afeccionados, na bancada de Tribuna, a entrada custa 10 euros. Os menores de 12 anos teñen acceso gratuíto.

Esta mañá en Abegondo, o equipo realizou un exercicio táctico por liñas e traballou a saída de balón, movementos ofensivos, presión en campo contrario e a defensa en inferioridade.

Mañá mércores, o equipo está citado de novo ás 10.30 en Abegondo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 22 de agosto
10.30: Adestramento en Abegondo

Martes 23 de agosto
10.30: Adestramento en Abegondo
20.30: Compostela - Deportivo, en San Lázaro, no Memorial Antonio Bermúdez

Mércores 24 de agosto
10.30: Adestramento en Abegondo

Xoves 25 de agosto
10.30: Adestramento en Abegondo

Venres 26 de agosto
20.45: Betis - Deportivo, no Estadio Benito Villamarín (Gol TV)

Sábado 27 de agosto
10.30 (pendente de confirmación): Adestramento en Abegondo

Máis novas de: MARLOS MORENO