RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Martí concentra a todo o cadro para recibir mañá en ABANCA-RIAZOR ao Real Mallorca

José Luis Martí citou a todo o seu cadro, incluído o lesionado Krohn-Dehli, para medirse mañá luns 27 de maio en ABANCA-RIAZOR ao Real Mallorca (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

Todos os futbolistas realizarán mañá mesmo ás 12:00 horas un último ensaio no estadio de cara ao choque ante o conxunto balear.

Martí explica esta medida en rolda de prensa: "Sabemos da importancia que ten a vitoria e para iso tentamos arrouparnos todos xuntos e volver ser un equipo".

No adestramento de hoxe en ABANCA-RIAZOR, ademais coa meta xuvenil Alberto, o técnico deportivista dispuxo un quecemento, rondos de presión, unha tarefa de finalizacións e un partido a metade de campo.

O traballo sobre o céspede concluíu con ensaio de accións a balón parado e lanzamentos de penaltis para os especialistas designados.